Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A comisión de goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 25 de xuño de 2001, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de actuación na rúa de Eduardo Pondal, promovida por Leonor Barreiro Saavedra, e a actuación polo sistema de cooperación.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno acordou, ó abeiro do establecido no artigo 101.2º do Regulamento de xestión, inicia-lo expediente de reparcelación dos terreos incluídos no ámbito da unidade delimitada.

O ámbito delimitado está comprendido entre os seguintes lindeiros:

Norte: rúa de Eduardo Pondal.

Sur: números 9 e 10 da rúa de Ramón Piñeiro.

Leste: patio e edificio número 14 da rúa Eduardo Pondal.

Oeste: patio e edificio número 14 da rúa Eduardo Pondal.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular escrito as alegacións que xulguen oportunas.

De acordo co previsto no artigo 42.6º da LSG, este anuncio servirá de citación a tódolos propietarios de paradoiro ou identidade descoñecidos que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública; para estes efectos insírese a seguir a relación de propietarios afectados:

-Leonor Barreiro Saavedra.

-Delfina Seijas González e Alfredo Barreiro Seijas.

-Santiago Banet López de Rego e Mª Jesús Tejedor García.

-Manuel Casal Rubio e Carmen Villasenín Mourullo.

-José Mujico Rubio e Matilde Rodríguez Couto.

-Jesús Fernández Sorribas e Mª Dolores Ferro Rey.

-José Rosende Alende a Mª Teresa Castelo Antelo.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo