Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 11 de xullo de 2001, aprobouse a forma de adxudicación, mediante concurso, para a cobertura de riscos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do Concello de Lugo, consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

-Cobertura das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais (invalidez, morte e supervivencia).

-A cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns de acordo co previsto na lexislación vixente, de todo o persoal laboral e funcionario de novo ingreso, así como por requirimento do concello, do persoal funcionario integrado.

b) Prazo de duración: o prazo de duración deste contrato fíxase en dous anos que se entenderán tacitamente prorrogados por anualidades ata un máximo de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: sinálase como prezo máximo do contrato o establecido para a cotización deste tipo de continxencias na Orde do 27 de xaneiro de 1997, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

5. Garantías.

Provisional: 1.200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugr de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de rexistro ou bien nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la su oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

3ª Localidade: Lugo.

c) Data: o siguinte día hábil (agás sábado) posterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 16 de xullo de 2001.

José Antonio Mourelle Cillero

Secretario xeral en funcións

Visto e prace

José C. López Orozco

Alcalde