Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Comerciantes Centrotiendas de Vilagarcía.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Comerciantes Centrotiendas de Vilagarcía, e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio do artigo 2, polo que pasa a denominarse Asociación de Comerciantes de Vilagarcía Zona Aberta, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: tódolos comerciantes que exerzan a súa actividade dentro dos límites do municipio, que presenten un número de tarxetas Centrotiendas que especificará en cada caso a xunta directiva e non estean situados en centros comerciais ou grandes superficies.

Asina a acta de constitución: Amado Cascallar Meixus e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 21 de xuño de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra