Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de xuño de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-02958-O-1999).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no mesmo sen que o denunciado aboara o importe da sanción imposta, procedan ó seu pagamento.

Son requeridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, co apercibimento de que de non facelo efectivo no dito prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

O ingreso da citada multa farase mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 01825947140200002630, do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., de Santiago de Compostela, debendo indica-lo número de expediente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de xuño de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspeccion de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

-Fiador

Último enderezo coñecido

OU-02958-O-1999

00-96-MT

G.C. de tráfico

Brita Grilos, LDA

Campo de Cima, s/n

5400 Chaves

Realizar un transporte dun cargamento de área, estando autorizado cun PMA de 40.000 kg dando un PMA segundo ticket de báscula-movemento de 48.650 kg habendo un exceso de peso de 8.650 kg (21%).

23-6-1999; 20.12; C-531; 2

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990Artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990100.000 ptas.DesestimadoLuis Vega Capón

Vilar de Outeiro

Chantada (Lugo)