Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de xuño de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00205-I-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, inciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE del 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela a 19 de xuño de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00205-I-2001

C-0952-BX

3328943324L145100492

Prod. Alim. Don Comer, S.L.

Castelao, s/n

15117 Laxe (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (productos alimenticios) co vehículo matrícula C-0952-BX, que está provisto de autorización da serie MPC que presenta un peso total en báscula de 4.250 kilogramos, estando autorizado para un PMA de 3.500 quilogramos, o que supón realizar transporte cun exceso de 750 quilogramos que respresentan un 21% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado.

23-5-2001; 11.50; CP-701; 9

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990 Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990 35.000 ptas.