Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.382

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (205/1999).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentencia.

Procedemento: menor contía 205/1999.

En Santiago de Compostela o dezasete de abril de dous mil un.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de menor contía 205/1999, seguidos ante este xulgado entre partes, dunha como demandante Lourdes Búa Redondo con procurador José Martínez Lage e letrado sen profesional asignado e doutra como demandado Avelino Domínguez con procurador sen profesional asignado en letrado sen profesional asignado.

Decido.

Que estimando a demanda presentada polo procurador José Martínez Lage, en nome e representación de Lourdes Búa Redondo contra Avelino Domínguez, declarou: 1. A disolución da sociedade de gananciais existente entre a demandante e o demandado. 2. A condición de gananciais dos bens inmobles referidos na demanda, así como do diñeiro existentes nas distintas contas dos cónxuxes mencionadas na demanda, impoñéndolle ó demandado o deber de reingreso á sociedade de gananciais da cantidade de vintecatro millóns de pesetas (traspasados polo demandado da conta de Caixa de Aforros de Galicia número de clave 2091-0300-41-3060017642, á conta número de clave 2091-0300-49-3060025839 da mesma entidade) mailos xuros producidos por estes desde a data do 10 de xaneiro de 1996. 3. A procedencia da liquidación

da sociedade de gananciais en execución de sentencia con división e adxudicación por metade a cada un dos cónxuxes.

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais ó demandado.

Contra a presente resolución cabe preparar recurso de apelación ante este xulgado, perante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma prevista no artigo 457 da Lei do axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Avelino Domínguez, redáctase este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, vintedous de xuño de dous mil un.

O secretario

Rubricado