Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.369

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 26 de xuño de 2001 pola que se resolve a cesión en propiedade de equipos de comunicación Bases de Radio Trunking ós concellos de Galicia para misións de protección civil.

Por Orde do 27 de marzo de 2001 (DOG nº 66, do 3 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de equipos de comunicación bases de radio trunking para misións de protección civil.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5º da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.623.0, programa 231 A, dos orzamentos xerais

da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, a cesión en propiedade dun equipo de comunicación base de Radio Trunkig ós concellos da provincia da Coruña: Brión, Camariñas, Cambre, Cariño, Cedeira, Cee, Cerceda, Corcubión, Curtis, A Laracha, Laxe, Lousame, Mugardos, O Pino, Ponteceso, Porto do Son, Sada, Santa Comba, Sobrado, Touro, Val do Dubra, Vedra e Zas; da provincia de Lugo: Carballedo, Lourenzá, Ourol, Pol, A Pontenova e Valadouro; da provincia de Ourense: Amoeiro, Avión, Bande, Calvos de Randín, Cartelle, Larouco, Maceda, O Irixo, Os Blancos, Piñor, Punxín, Rairiz de Veiga, San Cibrao das Viñas, Sandiás, A Veiga e Vilamartin de Valdeorras; e da provincia de Pontevedra: Catoira, A Guarda, Illa de Arousa, Marín, Meis, Moaña, Poio, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tomiño, Vilaboa e Vila de Cruces.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais