Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.369

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de xullo de 2001 pola que se aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalente en especialidades agrarias, e bolsas de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria, para centros de investigación dependentes do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na orde, publicada no DOG nº 141, do venres 20 de xullo de 2001, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina nº 9.940, no artigo 13º.-Presentación de solicitudes. Onde di: «As solicitudes, no modelo oficial anexo III», debe dicir: «As solicitudes, no modelo oficial anexo I».

-Na páxina 9.941, no artigo 26º.-Presentación de solicitudes. Onde di: «As solicitudes, no modelo oficial anexo IV», debe dicir: «As solicitudes, no modelo oficial anexo II».