Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELÓN

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 131, do 9 de xuño de 2001, publicáronse integramente as bases da convocatoria realizda por este Concello de Melón para a provisión, mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar de administración xeral.

Extracto das bases:

Requisitos dos aspirantes: ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea; 18 anos de idade; titulación de graduado escolar ou equivalente; no padecer enfermidade ou defecto; non ter sido separado por expediente disciplinario dun ente público; no estar incurso en incapacidade ou incompatibilidade.

Presentación de solicitudes: vinte días hábiles a partir da publicación deste anuncio no BOE.

Desenvolvemento da oposición: mediante dous exercicios, cada un dos cales consta de dúas probas e un terceiro exercicio non eliminatorio.

Os anuncios sucesivos relacionados con esta convocatoria publicaranse exclusivamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios deste concello.

Melón, 14 de xuño de 2001.

Celso Rodríguez Acuña

Alcalde