Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO para a licitación da construcción e xestión dunha gardería infantil municipal no concello de Narón.

Obxecto: elaboración do proxecto, adaptación do local, amoblamento e xestión dunha gardería infantil municipal no concello de Narón, mediante concesión adminitrativa.

Lugar de execución: avda. Aleixandre Bóveda, nº 1.

Prazo do contrato: 10 anos.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Tipo de licitación: 70.000.000 de pesetas.

Garantía provisional: 2.000.000 de pesetas.

Información: Negociado de Contratación. Casa do Concello. Praza de Galicia s/n. Narón.

Proposicións: data límite ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio nun diario oficial (BOP ou DOG).

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

Narón, 2 de xullo de 2001.

Xoán Gato Díaz

Alcalde