Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

Por resolución da alcaldía, do 2 de maio de 2000, aprobouse inicialmente o cambio de sistema de actuación de expropiación, polo de compensación, da zona A Longueira SAU R-3.

En cumprimento do dito acordo, e de conformidade co disposto nos artigos 121.1º e 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Urbanismo do Concello de Bergondo (estrada-A Coruña-Ferrol, nº 12), e formula-las alegacións que xulguen oportunas mediante escrito que presentarán no rexistro xeral do concello.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC) ós propietarios que a seguir se relacionan:

Nº parcela: 31.

Propietarios: Manuel e Francisco López Franco.

Bergondo, 12 de xullo de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente