Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 15 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 11 de abril de 2001 dictada no expediente sancionador AC-35/2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á sociedade que de seguido se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador nº AC-35/2001, da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, xa que, tentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Advírteselle á sociedade titular do establecemento denunciado que, en cumprimento do disposto no artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993, e no artigo 100 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, concédeselle un prazo de quince (15) días para formula-las alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes perante o instructor do procedemento; pasado este prazo procederase a dictar resolución.

Expediente: AC-35/2001.

Denunciado: Codex Calixtinus, S.L.

Establecemento: café-bar Generaciones.

Enderezo: praza Cervantes, nº 21.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 86, número 3 da Lei 9/1997.

Data da proposta de resolución: 11 de abril de 2001.

Sanción proposta: vinte mil (20.000) pesetas.

A Coruña, 15 de xuño de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña