Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 18 de xuño de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais de Ourense, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Baltar-Tixós.

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Baltar-Tixós (Baltar-Ourense), e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios, fixándose como data para a toma de posesión, o día 1 de outubro de 2001. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da citada lei.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, os interesados poderán reclamar ante este Servicio na rúa Florentino López Cuevillas, 4 e 6 de Ourense, xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes á data en que os predios de substitución se poñan ó dispor dos participantes para tomaren posesión deles.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa esbablecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre o contribuínte e o adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Delegación Provincial da Con

sellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

Ourense, 18 de xuño de 2001.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Ourense

Visto e prace

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense