Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/185-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: variante L.M.T. e C.T. Alto do Pousadoiro.

Situación: Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, 65 m de lonxitude, conductor LA-110, desde o apoio 1 da L.M.T. ó C.T. Telleira ata o apoio 2 proxectado da mesma liña. L.M.T., aérea, 20 kV, 174 m de lonxitude, conductor LA-110, desde o apoio 1 proxectado da L.M.T. Caldas ata o apoio metálico existente C-2000/14 da mesma liña. L.M.T., aérea, 20 kV, conductor LA-56, 32 m de lonxitude, desde o apoio metálico proxectado 2000/16 da L.M.T. Caldas ata o C.T. Pousadoiro que se vai recuar L.M.T., aérea, a 20 kV, conductor LA-110, 165 m de lonxitude, desde un apoio metálico proxectado na L.M.T. derivación ó C.T. V. Méndez ata un apoio metálico proxectado na L.M.T. derivación San Antoniño. L.M.T., aérea, a 20 kV, conducto LA-56, 126 m de lonxitude, desde un apoio existente que se vai recuar da L.M.T. ó C.T. Sequeiros ata o C.T. Sequeiros. Recuamento C.T. existente de 100 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V no Alto do Pousadoiro. Toda a instalación está situada nos concellos de Caldas de Reis e Vilagarcía de

Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra