Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/61-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento Cativelos.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 59 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. Paxariñas e depuradora de Paxariñas, ata o centro de seccionamento que se proxecta en Cativelos, no concello de Sanxenxo, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento con 3 celas de liña 3ML-SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 29 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra