Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 285/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Fócanos-Paleo.

Situación: Carral.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e

con conductor LA-56, de 484 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Paradela e final no C.T. Fócanos-Paleo, que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Fócanos-Paleo do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 115 m que conecta a rede existente no lugar, no termo municipal de Carral.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 8 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 285/2001Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Fócanos-PaleoTermo municipal: Carral

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CimadevilaLabradíoManuel Fernández GendeCimadevila-Quembre, 7

15183 Carral (A Coruña)

1262640

2Souto de AbaixoMonte altoManuel Fernández GendeA Ponte Lago-Quembre, 20

15183 Carral (A Coruña)

16288

2/1Souto de AbaixoPradoManuel Fernández GendeA Ponte Lago-Quembre, 20

15183 Carral (A Coruña)

28275

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3Souto de AbaixoLabradíoJuan Eirín FernándezA Horta do Conde-Quembre, 2

15183 Carral (A Coruña)

70700

4Souto de AbaixoPradoDiego Rapela GonzálezCasa Nova de Eirís, 47, 1º esq.

15009 A Coruña

221121.060

5CurtiñaMonte altoAntonio Rodríguez CoutoR/ Comercio, 1-4º

15010 A Coruña

80330

6CurtiñaLabradíoCarmen Costa BarbeitoFócanos-Paleo, 2

15183 Carral (A Coruña)

3270595

7EiraLabradíoCarmen Costa BarbeitoFócanos-Paleo, 2

15183 Carral (A Coruña)

CT620225