Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 275/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Moucho.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, que deriva da liña que alimenta o C.T. O Añón-Berdillo e final no C.T. Moucho.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Moucho, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 510 m de lonxitude discorrendo polos lugares do Moucho, As Seixas e O Paraíso. Rede de baixa tensión das mesmas características desde o C.T. O Piñeiro, discorrendo polo Piñeiro, O Esmorís, Costas e Vilarnovo, de 2.050 m de lonxitude, no termo municipal de Carballo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 8 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 275/2001Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T.I. e R.B.T. O MouchoTermo municipal: Carballo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2GandrasLabradíoRamón Bertua MoreiraPereiro-San Lourenzo

de Berdillo, s/n

15101 A Coruña

œ CTI31680