Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.291

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 2 de xullo de 2001 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Ames, Boimorto, Narón, Outes, Xove, Castro de Rey e Xermade.

Polos decretos 222/1999, do 15 xullo (DOG nº 147, do 2 de agosto), 186/2000, do 7 de xuño (DOG nº 138, do 17 de xullo), e 141/2001, do 25 de maio (DOG nº 121, do 22 de xuño), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas

cámaras agrarias locais de Ames, Boimorto, Narón, Outes, Xove, Castro de Rei e Xermade.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Edificio de planta baixa de 116 m construídos, sobre un soar de 208 m en total, situado no lugar de Augapesada, parroquia e municipio de Ames (A Coruña). Estrema: norte, con Manuel Vilas Mouriño hoxe concello de Ames; sur, con Manuel Vilas Mouriño, hoxe estrada de Roxos a Portomouro; leste, con camiño, hoxe María Recarey Pensado; e oeste, con Manuel Vilas Mouriño, hoxe concello de Ames.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 1.033, libro 335, folio 204, predio nº 5.339, inscrición 4ª.

2. Parcela de 100 m aproximadamente, ocupada na súa práctica totalidade por un edificio de baixo e primeiro andar, no lugar da Gándara, hoxe nº 15, no municipio de Boimorto. Estrema: norte, María Botana Sueiro; sur, Comunidade Autónoma de Galicia; leste, almacén da Comunidade Autónoma de Galicia; e oeste, estrada das Corredoiras á Gándara.

Inscrita no rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 629, libro 57, folio 12, predio nº 8.226, inscrición 1ª.

3. Terreo dedicado a soar para edificación, no sitio de Gándara de Altea, parroquia de San Xulián, municipio de Narón (A Coruña). Ten unha superficie de 480 m, producto de 15 m de fronte por 32 m de fondo. Sobre este soar construíuse unha casa de planta baixa de 60 m, resultado de 6 m por 10 m. Linda o conxunto: leste, camiño do embarcadoiro; resto dos ventos co predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 729, libro 135, folio 12, predio nº 12.517, inscrición 3ª.

4. Edificio de planta baixa e alta, de 80 m por andar, construídos sobre un soar de 185 m, situado no lugar de Conchido, parroquia de Entíns, hoxe intersección das rúas da Rosaleda coa Avenida Calvo Sotelo, do municipio de Outes (A Coruña). Estrema: fronte; estrada de Boimorto a Muros, hoxe rúa Calvo Sotelo; dereita entrando ou oeste, camiño de carro, hoxe rúa da Rosaleda; esquerda ou leste, casa e

terreo de José Gándara; costas ou sur, camiño de carro, hoxe rúa da Rosaleda.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Muros no tomo 357, libro 110, folio 36, predio nº 7.679, inscrición 4ª.

5. Edificio de planta baixa, que ocupa 144 m da parcela de labradío de 600 m en total, á que lle chaman Dos Curros, situada no lugar do Castro, parroquia de Darría municipio de Castro de Rei (Lugo). Estrema o conxunto: norte, Antonio García Crecente, hoxe José Gigán Rodríguez; sur, Josefa Maneuro Rodríguez, hoxe Travesía da Cámara Agraria ou rúa da Quevada; leste, José González Varela, hoxe Manuela González Freire; e oeste, pista que conduce ó mercado de gando, hoxe rúa Trapero Pardo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 1.051, libro 82, folio 87, predio nº 9.339, inscrición 2ª.

6. Edificio de planta baixa e alta que ocupa aproximadamente 110 m do seu soar, que ten un total de 393 m, situado na avenida Deputación nº 44 da vila de Xove (Lugo). Estrema: norte, camiño, hoxe Antonia Rodríguez López; sur, Escolástica Andrade, hoxe avenida Deputación; leste, José Aramburo, hoxe Antonia Rodríguez López; e oeste, herdeiros de Josefa Rapa, despois Eliseo López Casabella, hoxe María Luz Vázquez Casabella.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 727, libro 90, folio 148, predio nº 5.443, inscrición 3ª.

7. Edificio de planta baixa que ocupa practicamente a totalidade do seu soar de 40 m, situado no lugar de Lavandeiras, municipio de Xove (Lugo). Estrema: norte ou costas, predio matriz de Flora Álvarez; sur ou fronte, estrada de Ribadeo a Viveiro, C-642; leste ou dereita, predio matriz, hoxe Antonio Lorenzo; e oeste ou esquerda entrando, Ramón López, hoxe Flora Álvarez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 768, libro 94, folio 103, predio nº 11.905, inscrición 1ª.

8. Edificio de planta baixa e alta, de 123 m por andar, construídos sobre unha parcela de terreo de 312 m, á que lle chaman Chousa do Vilar da Cancela, no lugar do Pedreiro, hoxe Avenida de Vilalba, parroquia e municipio de Xermade (Lugo). Estrema actualmente: norte ou fronte, estrada de Xermade a Candamil; sur ou fondo e oeste ou esquerda entrando, Gumersindo Couto Ramudo; e leste ou dereita entrando, Rus Couto Jiménez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilalba no tomo 147, libro 11, folio 43, predio nº 1.058, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda