Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de xullo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Advertido erro na devantida resolución, publicada no DOG nº 143, do martes, 24 de xullo de 2001, cómpre face-la oportuna corrección:

No punto Servicios Periféricos do anexo, correspondente á Delegación Provincial de Ourense, debemos engadir: FA.C99.10.000.32001.034/POSTO BASE GRUPO D/SI/12/460.836/N/C/D/XERAL.