Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, mediante concurso, para a construcción da segunda fase do cerramento perimetral e eliminación de barreiras arquitectónicas neste organismo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: oficina administrativa de Vigo-Zoo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da segunda fase do cerramento perimetral e eliminación de barreiras arquitectónicas existente na entrada do parque zoolóxico da Madroa.

b) Lugar: parque zoolóxico da Madroa. Monte da Madroa, Candeán, s/n.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base.

78.855.352 pesetas (IVE incluído) (473.931 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e as bases técnicas están á disposición dos interesados para o seu exame na oficina de información, sita na planta baixa da Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, nos días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación das proposicións.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios ó que se remita: DOG e BOP, e finalizará ós trece días seguintes hábiles, ás 13 horas, coa excepción de que o último día fose domingo ou festivo, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: licitadores: presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Vigo, sito na planta baixa da casa do concello. Praza do Rei, s/n, da cidade de Vigo. Código postal 36201.

9. Aperturas das ofertas.

Terá lugar ás dez horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de proposicións na casa do concello e ante a mesa de contratación, constituída polo presidente, secretario, interventor-delegado, dous vocais, director-veterinario e secretaria do organismo autónomo Vigo-Zoo. Se coincidise en día non hábil o de apertura de proposicións, ou se por causas de forza maior non puidese realizarse, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos que se orixinen da publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 13 de xullo de 2001.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo Vigo-Zoo