Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 18 do PXOU nas zonas afectadas polo trazado do primeiro cinto de circunvalación e acceso ó porto de Bouzas (expediente 5580/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntula número 18 do expediente de emenda de deficiencias do PXOU de Vigo, nas zonas afectadas polo trazado do primeiro cinto de circunvalación, comprendidas entre a avda. de Europa e a avda. Atlántida (expediente 5580/411), conforme a documentación redactada polos servicios municipais de planeamento urbanístico, a memoria do cal ten data do 5 de outubro de 2000.

Segundo.-Proceder ó trámite de información pública do expediente polo prazo dun mes, mediente anuncios

que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior circulación na provincia, conforme o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, solicitarase informe preceptivo e vinculante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado do expediente completo tramitado para que no prazo de tres meses se pronuncie sobre este. Igualmente e, toda vez que a presente modificación puntual afecta ó uso urbanístico das zonas verdes e espacios libres previstos no vixente PXOU de Vigo, solicitarase tamén informe da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o mes contado desde o día seguinte ó da última publicación.

O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Úrbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 12 de xuño de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo