Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual número 1/2001 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín.

Para cumprir co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local e 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva da modificación puntual nº 1/2001 do Plan Xeral de Ordenación Municipal que co quórum que esixe o artigo 47.3º i) da Lei de bases de réxime local e 215.2º i) da Lei de Administración local de Galicia, acordou o pleno do concello na súa sesión do 12-7-2001, recolléndose a continuación a parte dispositiva do acordo que se adoptou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a modificación puntual nº 1/2001 do PXOM de Verín segundo os termos nos que se atopa redactada. Abranguen esa aprobación definitiva tódolos documentos, previsións e manifestacións que figuran no referido documento.

Segundo.-Publica-la aprobación definitiva da modificación do PXOM de Verín no Diario Oficial de Galicia e no BOP, inserindo neste último integramente o texto que proceda.

Terceiro.-Cumpri-las restantes previsións que establece o artigo 48 da Lei do solo de Galicia para que a aprobación definitiva da modificación do PXOM que se acorda sexa plenamente efectiva e eficaz.

Verín, 13 de xullo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde