Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso para ampliación de planta terceira e planta de baixo-cuberta da casa do concello e reforma interior da planta segunda.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 204/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación de planta terceira e planta de baixo-cuberta da casa do concello e reforma interior da planta segunda.

b) Lugar de execución: concello de Verín.

c) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemeto e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 64.646.790 pesetas (388.535,03 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe clasificación do contratista.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (13 días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou fes

tivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mantela súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense se previamente se ofertaron as descritas no prego de cláusulas.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: pleno do 12-7-2001.

c) Consulta da documentación: imprenta Monterrey. Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 13 de xullo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde