Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRABADA

ANUNCIO.

Apertura de prazo para a presentación de solicitudes para xuíz de paz titular e substituto de Trabada.

Poderán presentar solicitudes para a provisión de postos de xuíz de paz titular e substituto, de conformidade co disposto no artigo 102 da Lei orgánica do poder xudicial, as persoas que reúnan os requisitos esixidos no artigo 302 da citada lei (ser español e maior de idade), coas limitacións que se establecen no artigo 303 como causas de incapacidade.

Á solicitude, que será facilitada nas oficinas municipais, unirase a seguinte documentación:

1. Certificación de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.

2. Certificación expedida polo Rexistro de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1 a).

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

A solicitude e documentación mencionada deberá ser presentada nas oficinas municipais dentro do prazo

de quince días contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Trabada, 15 de xuño de 2001.

José Manuel Yanes Ginzo

Alcalde