Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 11 de xuño de 2001, aprobou inicialmente a modificación do proxecto de urbanización do solo urbanizable programado número 4 (SUNP-4) de Conxo (aprobado definitivamente o 28 de xullo de 1997), promovido pola xunta de compensación.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo