Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 12 de xuño de 2001, en virtude da delegación da Alcaldía (Res. 7 de xullo 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa C do polígono industrial de Botos, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados, e presentaren se é o caso as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Lalín, 18 de xuño de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado