Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001 referente á convocatoria para prover unha praza de garda da policía local.

No BOP da Coruña número 120, con data do 28 de maio de 2001, publícanse integramente as bases que han de rexe-la convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de garda da policía local.

A praza está integrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, pertencente ó grupo D.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Miño, 31 de maio de 2001.

Deogracias Romeu López

Alcalde-presidente