Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación, por concurso e procedemento aberto, de subministración de camión para recollida do lixo recolector-compactador con motor de 312 cv, e capacidade de recolección de 20 m e demais características que figuran no prego de condicións.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría. Obxecto do contrato: adquisición dun camión de recollida do lixo recolector-compactador. Prazo de entrega: 3 meses desde a sinatura do contrato. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 23.000.000 de pesetas. Garantía provisional: 460.000 pesetas. Garantía definitiva: o 4% da adxudicación. Obtención de documentación: na secretaría xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada. Teléfono: 986 57 01 65, extensión: 320.

Presentación de ofertas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG na oficina de plicas da secretaría xeral, das 9 ás 13 horas. Presentación de ofertas: en dous sobres. No sobre A proposición económica adaptada ó modelo. Sobre B presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Apertura: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 12 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado