Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do 26 de xuño de 2001, adoptou o seguinte acordo:

«1. Aprobar con carácter definitivo o Plan parcial dun sector de SUNP-área 6, denominado Zapateira 1, promovido pola sociedade Promociones Olsanova, S.L. e redactado polo arquitecto Javier NogueirasMascarenhas, segundo documento con visado colexial do 26 de abril de 2001, no que se introducen determinadas modificacións non substanciais res

pecto ó inicialmente aprobado polas correccións derivadas do propio acordo de aprobación inicial e do informe previo á aprobación definitiva da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2. Proceder á publicación do acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, así como neste último da normativa e ordenanzas que contén, e comunicarllo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dándolle traslado da documentación esixida polo artigo 48.3º da LSG.

3. Requirir da sociedade promotora que preste a garantía establecida no artigo 46 c) do Regulamento de planeamento urbanístico, por importe do 6% da avaliación económica do propio plan parcial, no prazo dun mes contado desde a notificación deste acordo, non procedéndose á súa publicación ata a súa prestación de conformidade co disposto no artigo 139.3º do citado regulamento.

4. Determinar que este acordo é firme en vía administrativa e pode ser directamente impugnado ante a xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo do potestativo recurso de reposición, de acordo co establecido na lexislación vixente».

Culleredo, 29 de xuño de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo