Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, da obra servicio de limpeza e conserxería do Museo Etnográfico da Torre de Celas, centro social de Celas e do Museo Muíños de Acea de Ama.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza e conserxería do Museo Etnográfico da Torre de Celas, centro social de Celas e do Museo Muíños de Acea de Ama.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 2 anos, prorrogables ata un máximo de 4.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento da obra: 3.475.848 pesetas (20.890,27 euros).

7. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12-Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189-Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

d) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite de obtención documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 9 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 22-10-1999;

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía y Facenda,

Patrimonio e Contratación