Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto e subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para adquisición de alta tecnoloxía e ecógrafos con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia. (SCS.-35/2001) (8 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Suministracións, Mantemento e Instalacións (División Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67, 981 54 27 68. Fax 981 54 27 62. Dirección Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar da entrega da subministración: diversos hospitais da Comunidade Autónoma galega (8 lotes).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento de alta tecnoloxía e ecógrafos (8 lotes).

Orzamento total: oitocentos un millóns cincocentas mil pesetas, con IVE incluído. (801.500.000 pesetas, con IVE incluído) (4.817.112,02 euros); desagrégase en dúas anualidades:

Ano 2001: 513.500.000 pesetas (3.086.197,16 euros).

Ano 2002: 288.000.000 de pesetas (1.730.914,86 euros).

Lote nº 1: resonancia magnética. 175.000.000 de pesetas (1.051.771,18 euros).

Lote nº 2: sala neurovascular dixital. 200.000.000 de pesetas (1.202.024,21 euros).

Lote nº 3: Tac espiral. 181.000.000 de pesetas (1.087.831,91 euros).

Lote nº 4: telemando dixital. 136.000.000 de pesetas. (817.376,46 euros).

Lote nº 5: xerador sala Rx. 6.000.000 de pesetas (36.060,73 euros).

Lote nº 6: ecógrafos doppler cor. 42.500.000 pesetas (255.430,14 euros).

Lote nº 7: ecógrafos dopp. c. altas prestacións. 56.000.000 de pesetas (336.566,78 euros).

Lote nº 8: ecógrafo. 5.000.000 de pesetas (30.050,61 euros).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar porposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes) e queda delimitada da seguinte forma:

Oferta conxunta entre os lotes 1, 2, e 3, non podendo incluír esta oferta ningún dos demais lotes. Oferta conxunta entre os lotes 6, 7, e 8, non podendo incluír esta oferta ningún dos demais lotes. Os lotes 4 e 5 téñense que licitar independentemente, non podendo realizarse ofertas conxuntas entre eles, nin incluírse en ofertas conxuntas cos demais lotes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

4. Prazo de entrega: desde a petición: lotes 1, 2, e 3: inferior a 60 días; lotes 4, e 5 : inferior a 45 días; lotes: 6, 7 e 8: 30 días.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 3 de agosto de 2001.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 10 de agosto.

b) Enderezo ó que deben dirixirxe: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Personas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de pre

sentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas provisionais: a garantía provisional é do 2 % do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2002.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio da información previa: 7 de xuño de 2001.

17. Data de envío do anuncio: 19 de xullo de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División Recursos Económicos