Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a construcción da fase I do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 64, do 15 de febreiro de 1996, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: División de Recursos Económicos; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 61, fax 981 54 27 62.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: construcción da fase I do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, por un importe de

6.122.712.496 pesetas (IVE incluído). (36.798.243,22 euros).

3. a) Lugar de execución: A Coruña.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de construcción.

c) División en lotes: non.

d) Elaboración de proxectos: non.

4. Prazo de execución: 36 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: referencia fase I Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Chamar á División de Recursos Económicos do Sergas. Servicio de Xestión; teléfono 981 54 18 38.

Copistería: Copy-Estudio, teléfono 981 59 33 85.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 10 de agosto de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociales/Sergas; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela (A Co-

ruña).

c) Lingua o linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) De se-lo caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 21 de agosto de 2001 a partir das 9 horas, na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas-San Caetano-Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación (empresas españolas dispensadas Real decreto 1883/1979).

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Anualidades: 2001: 622.712.496 pesetas (3.742.577,48

euros).

2002: 1.500.000.000 pesetas (9.015.181,57 euros).

2003: 1.750.000.000 pesetas (10.517.711,82 euros).

2004: 2.250.000.000 pesetas (13.522.772,34 euros).

10. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares: (grupo C, subgrupo 2, categoría: f).

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admitirán.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. División de Recursos Económicos do Sergas. Teléfono 981 54 18 38.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: 29-11-2000.

17. Data de envío do anuncio: 18 de xullo de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos