Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 10/2001 RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei de residuos 10/1998, do 21de abril.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 37 da citada Lei de residuos, o artigo 12 de Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións publica e do procedemento común, e o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, que establece a estructura orgánica e funcional desta consellería.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 28 de xuño de 2001.

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Rita Sarria Hermida Cachalvite

Instructora

ANEXO I

Expediente: 10/2001 RE.

Denunciada: María Dolores Carrales Pargaray.

DNI: 33330745-L.

Último enderezo coñecido: Illas Cíes 38-1º esq.(Lugo).

Feito denunciado: queima de goma.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril de residuos, en relación co artigo 34.4º c) da dita lei.

Sanción: 10.000 pesetas.