Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de xuño de 2001 da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-1058/2000 en materia de defen-

sa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a seguir (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-1058/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-1058/2000.

Denunciado: Averías a Domicilio 24 H, S.L.

Enderezo: Luis Quintana Goyanes 8, p-1, 1º A, 15009 A Coruña.

Sanción e motivos: 100.000 pesetas (cen mil pesetas), por non facilitar orzamento e outros.

Data de resolución: 6-6-2001.

A Coruña, 19 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña