Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-100/2000, incoado por infracción da Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xuño).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente: C-100/2000

Denunciado: Emilio Fernández Abelaira.

DNI: 34254759.

Enderezo: Sobrelle. Piñeiro. O Saviñao. Lugo.

Feito denunciado: facer uso indebido da escopeta en zona de seguridade, ó efectuar dous disparos desde a ponte de Piñeira, marxe esquerda, despois de apearse dun vehículo marca Nissan, modelo Patrol, matrícula CS-7262-L, abatendo tres patos. Feitos constatados o día 17-12-2000 ás 14 h aproximadamente, en Pereira-Piñeira.Monforte de Lemos. Lugo.

Precepto sancionador: 58.33º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación da sanción: grave.

Sanción: 100.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de caza e para o exercicio de esta actividade por un período dun ano e un día.

Lugo, 14 de xuño de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo