Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-270/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 2998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente: P-270/2000.

Denunciado: Fernando Barro Vázquez.

DNI: 47614280-W.

Enderezo: Buenestar, nº 50-7º-1. Corvella de Llobregat. Barcelona.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial sen estar en posesión da preceptiva licencia, así como non respecta-las prescricións especiais dictadas pola Consellería de Medio Ambiente para determinados treitos ou masa de auga, ó estar nun tramo non autorizado para ciprínidos (riba da antiga ponte da estrada de Monforte). Feitos constatados o día 6-9-2000, as 12.45 horas no río Miño-encoro dos Peares; Ribas de Miño. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fLuvial de Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 60.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo