Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 26 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, na Lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de permiso de actividade e concesión do establecemento que se describe:

-Tipo: criadoiro.

-Nome: Improcar de Carril, S.L.

-Actividade: cultivo xuvenís.

-Especies: ameixa fina, babosa e xaponesa; ostra plana e rizada.

-Localización: Couso (A Graña). Concello de Ribeira (A Coruña).

-Superficie de dominio público que se vai ocupar: 270,85 m.

Solicitante: Improcar de Carril, S.L.

DNI/CIF: B36341410.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que estime oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura, Dirección Xeral de Recursos Mariños, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9 a 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños