De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se cita, a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infrancións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 113/2001 PLA.
Denunciado/a: Óptica Mugardos.
DNI/CIF:
Último domicilio coñecido: Avda. de Galicia, 55 baixo. Mugardos.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: cen mil pesetas.
A Coruña, 31 de maio de 2001.
Tomás Fernández-Montesinos y Precioso
Delegado provincial da Coruña en funcións