Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 33/1996).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de

1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 7 de agosto de 2001, ás 12 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Autoridad Portuaria da Coruña. Porto da Coruña, proceda nas oficinas da Casa do Concello de Malpica ó pagamento do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aerosubterránea a 20 kV e centro de transformación no Faro de Punta Nariga en Malpica (expediente 33/1996), ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados por este proceso expropiatorio, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se producan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña