Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/60-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Poin.

Situación: A Peroxa.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 186 m de lonxitude derivada desde o apoio nº 9 da L.M.T. Celanguantes-Pazos de Monte e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA r/t 20.000/380-220 V en Lamas. Redes de baixa tensión derivadas do C.T. proxectado en Lamas e do C.T. existente en Celaguantes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense