Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/58-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S e C.T. río Cerves.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV de 200 m de lonxitude con orixe na L.M.T.S ó C.T. estrada de Barra de Miño e remata na L.M.T.S. ó C.T. Canario logo de alimenta-lo C.T. proxectado con 400 kVA, r/t 20.000/380-22 V nun edificio da r/ río Cerves.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense