Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/62-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: retranqueo L.M.T. ponte nova sobre o río Sil.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: retranqueo da L.M.T. a 20 kV aérea ó C.T. Carruína no seu paso pola rotonda de entrada á ponte nova sobre o río Sil nunha lonxitude de 203 m desde un apoio CH-1600-15P desta liña derívase en conducción subterránea e 70 m de lonxitude a L.M.T. a 20 kV ata ó C.T. existente na Pobra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense