Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S rúa Nova, 9.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña a 20 kV, soterrada en conductor R.H.Z 12/20 kV de 150 m derivada desde a L.M.T. ó C.T. unversitario-2 e remata na L.M.T. sot. ó C.T. hospital logo de alimenta-lo C.T. proxectado con 400 kVA no edificio da rúa Nova, 9.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 7 de xuño de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense