Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 270/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se citan a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infrancións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 270/2000.

Denunciado/a: José Nieto Brandariz e Hijo, S.L.

DNI/CIF: 33122646-R.

Último domicilio coñecido: Estrada da Estación, 51. Cambre.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

A Coruña, 5 de abril de 2001.

Tomás Fernández-Montesinos y Precioso

Delegado provincial da Coruña en funcións