Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/25-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hodro Giesta, S.R.L.

Enderezo social: Cantón Grande, 6-6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: L.M.T. interconexión CC.HH. Peneda-Arnoia-Cerves.

Situación: Arnoia e Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: liña a 20 kV soterrada Peneda-Val de Ameixeira, en circuíto simple e conductor tipo R.H.Z.1 H-16 12/20 kV de 1.012 m de lonxitude, coa orixe na central hidroeléctrica de Peneda e remata na arqueta de confluencia coa L.M.T. soterrada Arnoia-Val de Ameixeira, de 593 m e iguais características ca anterior,e segue soterrada 150 m ata o apoio de paso soterrada-aérea da liña Val de Ameixeira subestación Castrelo, en conductor LA-280, dobre circuíto (4.433 m) ata o Coto Novelle onde se une coa L.M.T. que vén da central hidroeléctrica Cerves, e segue en triple circuíto (LA-110) ata As Pedreiras, 2.478 m, desde onde pasa a conducción soterrada (450 m) en conductor R.H.Z.A. H-16, 12/20 kV ata a subestación de Castrelo propiedade de Unión Fenosa, S.A.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

En canto ás condicións establecidas polo concello de Castrelo de Miño, a Lei 54/1997, do sector eléctrico, do 27 de novembro, non esixe para este tipo de instalacións a presentación de estudiode impacto ambiental. A liña xa contaba coa autorización da Consellería de Medio Ambiente con data 4-1-1999, e esta modificación non incrementa as afeccións.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Ourense, 6 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense