Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/205-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. Lourizán-Mollavao-Poio.

Situación: Pontevedra e Poio.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación de Lourizán ata finalizar nas seguintes liñas: 1. L.M.T. sub. Marín (210 m de lonxitude); 2. L.M.T., aérea, D/C, Mollavao (inmediaccións Cocheras, de 2x360 m), L.M.T. sub. Mollavao-Sanxenxo (1.170 m), L.M.T., sub. Mollavao-Caeira-Ponte (1.170 m); 3. L.M.T., sub. Salvador Moreno (1.690 m); 4. L.M.T., sub. Xeral Rubín (1.690 m), 5. L.M.T., sub. Pazo de Xustiza (1.690 m); 6. L.M.T., sub. Mollavao (1.690 m); 7. L.M.T. sub. recheo-Ancar (2.940 m). L.M.T., sub. a 20 kV, de 10 m de lonxitude, desde o c. seccionamento que se proxecta na Puntada ata o C.T. existente na Puntada, no concello de Poio. C. seccionamento con 3 liñas. Concellos de Pontevedra e Poio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 1 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra