Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Vimianzo licita por concurso aberto e urxente a contratación da obra de construcción saneamento e abastecemento de auga na recta de Ogas (tramo da C-552 p.k. 69,700 a 70,700)-Vimianzo.

Orzamento de licitación.

-Vinte millóns oitocentas cincuenta e tres mil duascentas catro (20.853.204) pesetas.

-Cento vintecinco mil trescentos trinta con vinteoito (125.330,28) euros.

Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6 categoría C; grupo E, subgrupo 1, categoría C.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio normalizado no BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións.

Outras informacións.

O proxecto, pregos cláusulas administrativas e demais información nas oficinas municipais en horario de 9 a 14.

Teléfono: 981 71 60 01. Fax: 981 71 66 50. Praza do Concello, 6. 15129 Vimianzo.

Vimianzo o dezasete de xullo de dous mil un.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde