Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración de material eléctrico, luminarias e soportes para a iluminación pública.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: diversificación e aforro, nº expediente 14174/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de material eléctrico, luminarias e soporte para a iluminación pública.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, once lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 30 días lotes 1 ó 9 e 60 días lotes 10 e 11.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 3.343.988 pesetas, lote 2: 1.341.995 pesetas, lote 3: 1.092.337 pesetas, lote 4: 1.342.546 pesetas, lote 5: 378.858 pesetas, lote 6: 1.499.999 pesetas, lote 7: 3.978.339 pesetas, lote 8: 3.512.231 pesetas, lote 9: 2.487.388 pesetas, lote 10: 6.999.962 pesetas e lote 11: 6.995.786 pesetas.

5. Garantía provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 13 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde