Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

Convócase o concurso para a adxudicación da obra que se relaciona a seguir conforme o proxecto técnico e as cláusulas administrativas particulares que se consideran parte integrante do contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Soutomaior.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de saneamento de Comboa.

b) Lugar de execución: Soutomaior.

c) Prazo de execución: catro meses.

d) Orzamento de execución por contrata: 14.738.141 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 2% do prezo base de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.

c) Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Teléfono: 986 70 51 06.

e) Telefax: 986 70 53 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación das proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

-Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do texto refundido da LCAP.

-Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 17 do texto refundido da LCAP.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP o no DOG último no que se publique.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Soutomaior.

2ª Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

3ª Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Os criterios que han de servir de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Melloras no proxecto técnico, que poderán consistir na execución de máis número de unidades de obra das descritas, na mellora da calidade dos materiais descritos no proxecto, ou noutras modificacións que representen un aumento da calidade final do proxecto executado.

2. Reducción no prazo de execución.

3. Obras de carácter análogo á licitada, que teña executado o licitador.

Os criterios antes sinalados ponderaranse como a continuación se especifica:

-Criterio 1: ata 80 puntos.

-Criterio 2: ata 10 puntos.

-Criterio 3: ata 10 puntos.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

c) Localidade: Soutomaior.

d) Data: o día 11 de setembro de 2001 sempre que transcorresen cinco días hábiles desde a finalización do prazo para a presentación de proposicións; en caso contrario, a sesión de apertura de proposicións levarase a cabo o quinto día hábil contado a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Soutomaior, 6 de xullo de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde