Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.176

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A., de acordo co establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, anuncia a convocatoria de selección de persoal de cadro para o seguinte posto:

1. Secretario xeral.

Título: licenciado en dereito.

Experiencia mínima demostrable: 4 anos avogado exercente; 4 anos na xestión de socieades relacionadas coa xestión de residuos e enerxía; 2 anos asistencia letrada e secretaría de consellos de administración de sociedades anónimas.

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos mínimos establecidos anteriormente deberán remitir por correo certificado os seus datos persoais (nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono e fax), así como un currículum vitae detallado (xustificando documentalmente mediante certificado orixinal, ou fotocopia compulsada, os títulos que posúe, e acreditación de experiencia mínima esixida).

As solicitudes deberán enviarse no prazo improrrogable de 10 días naturais a partir do día da publicación deste anuncio no DOG, ó apartado de correos nº 15, 15680 Ordes, A Coruña.

Inicio das probas:

En ningún caso se realizarán antes dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Indicarase debidamente a data e lugar da súa realización.

No procedemento de selección seguirase baremación: currículo 40%, unha proba escrita ou tipo test 30% que tratará sobre materias relacionadas co dereito e a experiencia profesional esixida, e unha entrevista persoal 30%. Esta última realizaráselles a todos aqueles que superen os 40 puntos nos anteriores epígrafes.

Calquera consulta adicional poderá realizarse no seguinte teléfono 981 69 85 24 en horario de 9 a 11 horas.

Luis Mingo Reiz

Presidente da Sociedade Galega do Medio

Ambiente, S.A.